Ola, son Xurxo.
Software útil, ben feito e sen fume.
Son desenvolvedor web e de software autónomo en Salvaterra de Miño: fago webs, apps móbiles e de escritorio, bots, scripts e automatizacións para empresas e particulares. Tamén ofrezo asistencia informática en remoto e a domicilio no sur de Galicia. Si, ás veces só había que apagar e acender; pero había que sabelo.
Desenvolvemento web
Webs corporativas, landing pages e plataformas a medida
Aplicacións móbiles e de escritorio
Android, iOS, Windows, Linux e macOS
Soporte e asistencia informática
Equipos, software e soporte técnico
Sobre min
Da primeira idea a un proxecto que funciona de verdade.
Levo cinco anos metido nisto: tres traballando e dous formándome e sacando adiante proxectos propios. Cando comecei o ciclo superior xa viña con Node.js, bots de Discord e unhas cantas horas de pelexa acumuladas.
O que máis me gusta é ver como unha idea aparece da nada, colle forma e acaba axudando a unha empresa a medrar. Unha web, unha tenda ou un programa non deberían quedar bonitos no portafolio: deberían servir para algo no mundo real.
Co cliente intento ser igual de claro que co código: se podo facelo, dígoo; se non o sei ou non che compensa, tamén. Explico cada decisión sen tecnicismos e trato empresas e particulares co mesmo coidado. E non paro ata que todo funcione e se vexa como debería. Pixel perfect, ou non durmo tranquilo.
Carreira
Estudos e experiencia profesional.
Da administración de sistemas ao desenvolvemento web, pasando por soporte técnico, e-commerce e axencia. Agora todo iso xúntase no traballo por conta propia; saber por que falla algo tamén axuda bastante a construílo ben.
Novembro de 2026 — actualidade
ExperienciaDesenvolvedor de software e técnico informático autónomo
XurxoMFDesenvolvo webs, aplicacións móbiles e de escritorio, bots, scripts e solucións a medida. Tamén presto asistencia informática a empresas e particulares, tanto en remoto como a domicilio.
Febreiro de 2026 — outubro de 2026
ExperienciaTécnico informático e desenvolvedor web
Power Natural LifeCreei e mantiven a nova tenda en Shopify e xestionei a conta de Amazon Seller Central. Tras completar a web, tamén participei na preparación de pedidos, etiquetaxe e operativa de almacén.
Decembro de 2023 — xaneiro de 2025
ExperienciaTécnico informático e desenvolvedor web
Atlantic C&C — AC2Prestei soporte de hardware e software aos clientes da empresa e desenvolvín sitios web con WordPress e React. Traballei a tempo parcial antes de buscar un posto centrado a xornada completa no desenvolvemento web, móbil e de escritorio.
Setembro de 2021 — xuño de 2023
FormaciónTécnico superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web
IES Pazo da MercéFormeime no desenvolvemento de aplicacións web, programación do lado cliente e servidor, bases de datos, despregamento e traballo con control de versións. Durante este tempo tamén me formei no desenvolvemento multiplataforma pola miña conta.
Setembro de 2019 — xuño de 2021
FormaciónTécnico en Sistemas Microinformáticos e Redes
IES Pazo da MercéFormeime na instalación, configuración e mantemento de equipos, sistemas operativos e redes. Nesa etapa tamén comecei a aprender programación e desenvolvemento web pola miña conta.
Servizos
Como podo axudarche?
Desde unha web que traballe por ti ata un ordenador que decidiu non colaborar. Desenvolvemento, automatización e soporte técnico explicado sen xeroglíficos.
Traballo en remoto con clientes de calquera lugar e presto asistencia informática a domicilio en Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Vigo, O Porriño, Tui, Ponteareas e outras localidades de Galicia. Tanto para empresas como para particulares.
Proxectos
Traballo que fai máis ca quedar bonito.
Webs, aplicacións e ferramentas construídas para resolver problemas reais. Aquí contarei o reto, a solución e o resultado; as siglas poden esperar.