Portafolio completo
Proxectos con algo que contar.
Webs, aplicacións e ferramentas feitas para resolver problemas reais. Sen unha sopa de siglas e sen chamar caso de éxito a cambiar a cor dun botón.
9 proxectos publicados

Un launcher non oficial para instalar e manter varias versións de Vintage Story, separar mundos e mods e protexer cada partida con copias de seguridade.

Imaxes Docker para despregar e manter servidores de Vintage Story con datos persistentes, versións etiquetadas e un único comando.

Unha colección persoal de compoñentes, hooks, attachments, estilos e utilidades reutilizables para construír interfaces con SvelteKit.

Dotfiles e un instalador interactivo en galego para preparar Arch Linux como escritorio con Hyprland e Noctalia ou como servidor administrado por terminal.

Web e tenda en liña para unha marca galega de licores, cun tema WordPress a medida, catálogo WooCommerce, dous idiomas e unha experiencia fiel á súa identidade.

Web para un centro de formación oficial, cun tema WordPress a medida que organiza cursos, orientación laboral, campus virtual e servizos para empresas.

Tenda Shopify para importar e distribuír materias primas, desenvolvida e mantida durante a miña etapa en Power Natural Life.

Bot privado de Discord que detecta drops de Sofi, xestiona series e personaxes favoritos e avisa automaticamente cando aparece unha coincidencia.

Un mod arquivado de Vintage Story que xera grandes redes de minas e galerías baixo terra, con minerais, botín e perigos integrados no mundo.
Contacto
Falamos do teu próximo proxecto?
Tes unha idea, unha web que pide unha reforma ou un ordenador que só funciona cando chega o técnico? Cóntamo. Direiche con claridade que se pode facer, canto sentido ten e cal sería o seguinte paso.
Agora mesmo
Dispoñible para proxectos seleccionados, colaboracións e consultas técnicas.
- Resposta habitual
- 1–2 días laborables
- Localización
- Salvaterra de Miño, Galicia