Servizos

Desenvolvemento e informática, coa mesma seriedade.

Podo crear a ferramenta que necesitas ou arranxar a que xa tes diante. Desenvolvemento web e de software, automatización e asistencia informática para empresas e particulares, explicado con claridade e sen vender fume.

7 servizos dispoñibles

01
Desenvolvemento web

Webs corporativas, landing pages e plataformas rápidas, accesibles e preparadas para conseguir resultados.

02
Tendas en liña

Comercio electrónico con catálogo, pagamentos e unha xestión diaria que non obrigue a chamar ao técnico por cada cambio.

03
Software a medida

Ferramentas internas, plataformas e integracións creadas arredor do proceso real do teu negocio.

04
Aplicacións móbiles e de escritorio

Aplicacións móbiles e de escritorio para levar un servizo, proceso ou produto ao dispositivo adecuado.

05
Bots e automatizacións

Bots, scripts e integracións que eliminan tarefas repetitivas e conectan servizos que agora non se falan.

06
Soporte e asistencia informática

Diagnóstico, reparación e asistencia informática en remoto ou a domicilio para empresas e particulares.

07
Mantemento informático

Mantemento preventivo e soporte continuado para que os equipos dunha empresa non vivan sempre no modo urxencia.

Contacto

Falamos do teu próximo proxecto?

Tes unha idea, unha web que pide unha reforma ou un ordenador que só funciona cando chega o técnico? Cóntamo. Direiche con claridade que se pode facer, canto sentido ten e cal sería o seguinte paso.

Agora mesmo

Dispoñible para proxectos seleccionados, colaboracións e consultas técnicas.

Resposta habitual
1–2 días laborables
Localización
Salvaterra de Miño, Galicia