Servizo Software Dispoñible

Software a medida

Cando unha folla de cálculo xa pide auxilio e as ferramentas xenéricas obrigan a adaptar o negocio a elas, deseño software arredor do proceso real.

Ferramentas internas, plataformas, APIs e integracións para empresas con procesos que non encaixan nun produto xenérico. Desenvolvemento desde Galicia e en remoto.

Antes de desenvolver

Adaptar o que existe ou construír o necesario.

Facer software propio non sempre é a mellor resposta. A decisión depende do proceso, do custo das limitacións actuais e de canto diferencia esa forma de traballar ao negocio.

01 / Aproveitar

Unha ferramenta existente

Cando un produto xa resolve a maior parte do problema, adoita compensar configuralo, conectalo ou engadir unha capa pequena.

  • Menor investimento e posta en marcha máis rápida.
  • Integracións ou extensións centradas no que falta.
  • Menos código propio que manter ao longo do tempo.

02 / Construír

Software a medida

Cando o proceso é específico, as limitacións frean o traballo ou a ferramenta forma parte do valor que ofrece a empresa.

  • Fluxos, permisos e datos adaptados ao proceso real.
  • Integración directa cos sistemas que xa utiliza o equipo.
  • Evolución por fases segundo o uso e as prioridades do negocio.

Que se pode construír

Software para traballar, controlar e conectar.

A forma final depende do problema. Estes son os tipos de solución máis habituais, pero a arquitectura non se decide escollendo unha tarxeta dun catálogo.

01
Ferramentas internas

Aplicacións para organizar tarefas, clientes, documentos, incidencias ou calquera proceso que agora vive repartido entre correos e follas de cálculo.

02
Paneis e plataformas

Espazos con usuarios, permisos, estados e información centralizada para equipos, clientes, provedores ou comunidades.

03
APIs e integracións

Conexións entre servizos para compartir datos, evitar duplicidades e eliminar pasos manuais que non aportan ningún valor.

04
Sistemas con lóxica específica

Configuradores, xeradores, procesos de validación ou motores de regras que unha ferramenta xenérica non pode representar con fidelidade.

Como traballo

Primeiro validar. Despois construír.

O obxectivo é chegar antes a unha versión útil, probar as decisións importantes e reservar o investimento grande para o que xa demostrou ter sentido.

  1. 01

    Mapear o proceso real

    Reviso persoas, pasos, excepcións, datos e ferramentas actuais para separar o problema dos síntomas.

  2. 02

    Definir a primeira versión

    Priorizamos o núcleo que debe funcionar e deixamos por escrito o que queda fóra. Todo non pode ser imprescindible á vez.

  3. 03

    Construír con revisións

    Desenvolvo por partes e valido os fluxos coas persoas que os van usar antes de acumular meses de decisións sen probar.

  4. 04

    Despregar e evolucionar

    Preparo probas, publicación, documentación e soporte para que o sistema poida medrar sobre uso real e non sobre suposicións.

Traballo real

Tres problemas que non cabían nunha plantilla.

Un lanzador de aplicacións, un servidor preparado para despregar e un bot con datos persistentes. Produtos distintos, cada un cunha lóxica propia.

Pantalla principal de VS Launcher cunha instalación de Vintage Story preparada para xogar
01
VS Launcher

Un launcher non oficial para instalar e manter varias versións de Vintage Story, separar mundos e mods e protexer cada partida con copias de seguridade.

Portada de VSDS cos logos de Vintage Story e Docker conectados sobre un fondo escuro
02
VSDS

Imaxes Docker para despregar e manter servidores de Vintage Story con datos persistentes, versións etiquetadas e un único comando.

Portada de Modereta cun X marmoreado, cartas, favoritos e notificacións en cores neón
03
Modereta

Bot privado de Discord que detecta drops de Sofi, xestiona series e personaxes favoritos e avisa automaticamente cando aparece unha coincidencia.

Preguntas frecuentes

Dúbidas razoables antes de empezar.

Hai que desenvolver todo desde cero?

Non sempre. Primeiro comprobo se unha ferramenta existente, unha integración ou unha pequena capa á medida resolve o problema. Desenvolver por desenvolver é unha maneira cara de decorar o currículo.

Pódese empezar cunha versión pequena?

Si, e adoita ser o máis sensato. Definimos unha primeira versión que resolva o núcleo do problema e deixamos o resto priorizado para evolucionar con uso real.

Que pasa co mantemento despois?

Acordamos desde o principio se necesitas soporte puntual, unha bolsa de horas ou mantemento continuo. O código, a documentación e os accesos quedan preparados para non depender dunha caixa negra.

Canto custa desenvolver software a medida?

Depende do alcance, dos usuarios, dos datos, das integracións e do risco técnico. Antes de presupostar delimito unha primeira versión e separo o esencial do que pode evolucionar máis adiante.

Pódese conectar coas ferramentas que xa usamos?

Normalmente si, se dispoñen dunha API ou doutro mecanismo de integración fiable. Reviso cada sistema antes de comprometer alcance, porque unha integración é tan boa como o acceso que permite o outro lado.

De quen son o código e os datos?

Os datos e as contas do proxecto quedan baixo o teu control. A propiedade e entrega do código defínense claramente no presuposto segundo o tipo de solución, as licenzas utilizadas e o acordo de mantemento.

Contacto

Falamos do teu próximo proxecto?

Tes unha idea, unha web que pide unha reforma ou un ordenador que só funciona cando chega o técnico? Cóntamo. Direiche con claridade que se pode facer, canto sentido ten e cal sería o seguinte paso.

Agora mesmo

Dispoñible para proxectos seleccionados, colaboracións e consultas técnicas.

Resposta habitual
1–2 días laborables
Localización
Salvaterra de Miño, Galicia