As catro botellas de Liporca: crema de licor, licor café, licor de herbas e augardente de oruxo
Web en produción Tenda en liña Galego · Español

Liporca

O pracer feito bebida.

Unha marca galega de licores que decidiu falar coa súa xeración sen renunciar ao produto de sempre. A web tiña que facer exactamente o mesmo: vender, contar e non soar ao folleto da casa rural.

WordPress WooCommerce Tema personalizado Multilingüe Responsive

A marca xa tiña voz

A web tiña que estar á altura.

Liporca nace para sacar os licores galegos dunha imaxe ancorada no pasado e achegalos a unha xeración nova. Iso pedía unha web visual, directa e irreverente, pero tamén unha tenda clara onde atopar o produto e mercalo sen montar unha xincana.

O traballo de desenvolvemento converteu o deseño de What The Flow nun tema WordPress funcional, adaptable a móbil e preparado para xestionar o catálogo con WooCommerce.

Catro persoas brindando cos catro licores de Liporca

Por baixo da botella

Unha web de marca que tamén sabe traballar.

A parte visible mantén o carácter do deseño. A invisible ocúpase do catálogo, das compras, dos idiomas e de todo iso que só se lembra cando falla.

01

Tema á medida

O deseño non se encaixou nunha plantilla xenérica: converteuse nun tema propio, responsive e fiel á identidade da marca.

02

Venda en liña

WooCommerce sostén produtos, cesta, conta e proceso de compra sen romper o percorrido editorial da web.

03

Dous idiomas

A experiencia está dispoñible en galego e español, mantendo estrutura, navegación e contidos coordinados.

04

O que non se ve

Control de idade, formulario de contacto, cookies e páxinas legais completan unha web preparada para operar, non só para posar.

Unha experiencia completa

Da primeira visita ao pedido.

A navegación presenta a historia e os produtos antes de levar á tenda. Conta, cesta e pagamento conviven coa parte editorial, mentres o contacto, o consentimento de cookies e o control de idade pechan os requisitos reais do negocio.

  • Catálogo e fichas de produto
  • Cesta, conta e compra
  • Galego e español
  • Control de acceso por idade
  • Contacto, cookies e información legal
What The Flow

Créditos do proxecto

Deseñado por What The Flow. Programado por min.

A identidade visual e o deseño da web son obra de What The Flow, a axencia creativa coa que colaboro. Eu encargueime de converter ese deseño nunha web funcional, responsive e preparada para traballar de verdade. Cada quen co seu; así dá gusto.

Coñecer What The Flow

Contacto

Falamos do teu próximo proxecto?

Tes unha idea, unha web que pide unha reforma ou un ordenador que só funciona cando chega o técnico? Cóntamo. Direiche con claridade que se pode facer, canto sentido ten e cal sería o seguinte paso.

Agora mesmo

Dispoñible para proxectos seleccionados, colaboracións e consultas técnicas.

Resposta habitual
1–2 días laborables
Localización
Salvaterra de Miño, Galicia