01
Moitas familias de produto
A estrutura tiña que admitir un catálogo amplo sen converter a navegación nunha listaxe interminable.
Materias primas para a industria, cunha tenda preparada para traballar.
Desenvolvín e mantiven a nova tenda Shopify de Power Natural Life durante a miña etapa na empresa, organizando un catálogo amplo para facilitar a consulta e a compra profesional.
O punto de partida
A tenda reúne materias primas para empresas de sectores moi distintos. O reto non era só publicar produtos: era darlles unha orde clara e facer que atopar, entender e mercar non requirise un mapa.
01
A estrutura tiña que admitir un catálogo amplo sen converter a navegación nunha listaxe interminable.
02
A experiencia debía servir tanto para consultas concretas como para pedidos recorrentes de empresas.
03
Cada produto necesita presentar con claridade características, formatos e documentación útil para decidir unha compra.
04
Produtos, contidos e ofertas cambian. A tenda tiña que poder actualizarse sen desmontar a estrutura cada semana.
Desde dentro da empresa
Traballei en Power Natural Life entre febreiro e outubro de 2026. Durante esa etapa creei e mantiven a nova tenda Shopify, coñecendo de primeira man o catálogo, as necesidades comerciais e as dúbidas reais dos clientes.
Tamén xestionei Amazon Seller Central e participei na preparación de pedidos, etiquetaxe e operativa de almacén. Ver o proceso completo axuda bastante a non deseñar unha tenda que só funciona na pantalla. Cousas do mundo real.
O meu papel
O traballo técnico
O importante era deixar unha tenda útil para o día a día: clara para quen compra e manexable para quen ten que manter o catálogo detrás.
Produtos, contidos, clientes, pedidos e proceso de compra conviven nunha plataforma que o equipo pode xestionar.
Coleccións, categorías e navegación organizan materias primas moi distintas sen obrigar a coñecer de antemán o nome exacto de cada produto.
Busca, fichas de produto, cesta e conta forman un percorrido coherente e adaptable a móbil.
A estrutura permite actualizar produtos, información e campañas sen reconstruír a tenda cada vez que cambia o negocio.