Persoas desempregadas
Formación oficial, certificados de profesionalidade e acompañamento para volver ao mercado laboral con algo máis útil ca outro PDF gardado no escritorio.
Formarse, atopar o camiño e empezar. Sen perderse antes na web.
Unha web para achegar formación oficial, orientación laboral e servizos para empresas a públicos moi distintos. A información cambia; a maneira de atopala non debería facelo cada semana.
Tres portas de entrada
A portada non obriga a coñecer de antemán nomes de programas, convocatorias nin siglas administrativas. Primeiro pregunta quen es. Despois leva ao que che pode servir. Parece obvio, por iso ás veces hai que facelo.
Formación oficial, certificados de profesionalidade e acompañamento para volver ao mercado laboral con algo máis útil ca outro PDF gardado no escritorio.
Cursos para actualizar coñecementos, mellorar competencias e seguir avanzando sen ter que poñer a vida enteira en pausa.
Formación bonificada e programas á medida, coa xestión necesaria para que formar o equipo non se converta noutro traballo a tempo completo.

Máis ca unha listaxe de cursos
AserGalicia non só publica formación: orienta, acompaña a matrícula, conecta con prácticas e mantén un espazo de traballo para o alumnado. A web ordena todo iso sen converter cada servizo nunha illa.
Formación para empresas
A área de empresas presenta formación bonificada, cursos á medida e xestión integral como un servizo propio, non como unha nota ao pé da páxina. Presencial ou en liña, segundo o que necesite cada equipo.
Á medida
Contido e formato adaptados ás necesidades reais da empresa.
Xestión incluída
Asesoramento e acompañamento durante todo o proceso formativo.

Por baixo das aulas
O importante non era facer unha portada enorme. Era deixar unha estrutura na que cada persoa atopase o seu seguinte paso e o centro puidese seguir publicando sen desmontala.
A navegación parte de quen chega e do que necesita: atopar formación, mellorar profesionalmente ou formar un equipo. Menos organigrama; máis respostas.
A identidade de AserGalicia convértese nun tema personalizado, adaptable a móbil e preparado para que o centro poida xestionar os seus contidos.
Cursos, campus virtual, emprego, contacto e información para empresas conviven nun mesmo percorrido sen parecer cinco webs pegadas con cinta.
A estrutura admite novas convocatorias e información sen depender dunha portada con datos fixos que queden vellos ao seguinte trimestre.
Créditos do proxecto
A identidade visual e o deseño da web son obra de What The Flow, a axencia creativa coa que colaboro. Eu encargueime de converter ese deseño nunha web funcional, responsive e preparada para traballar de verdade. Cada quen co seu; así dá gusto.
Coñecer What The Flow