Servizo Soporte informático Dispoñible

Soporte e asistencia informática

Resolvo problemas de equipos, programas, redes e dispositivos con asistencia clara, en remoto ou no teu domicilio ou empresa.

Asistencia informática para particulares, autónomos e empresas, en remoto ou a domicilio desde Salvaterra de Miño cara a Salceda, Vigo, O Porriño, Tui, Ponteareas e arredores.

Modalidade de atención

En remoto cando chega. Presencial cando fai falta.

Escollo a modalidade segundo o problema, non por costume. Se se pode resolver con seguridade en remoto, evitamos o desprazamento; se hai que tocar hardware ou cableado, vou ao lugar.

01 / En remoto

Asistencia remota

Para problemas de software, contas, configuración e explicacións nos que o equipo inicia e mantén unha conexión estable.

  • Configuración de programas, correo, contas e permisos.
  • Diagnóstico de erros, lentitude e comportamento do sistema.
  • Atención sen desprazamento para calquera localización.

02 / A domicilio

Asistencia presencial

Para equipos que non inician, hardware, redes, impresoras, cableado ou situacións nas que revisar o contorno forma parte do diagnóstico.

  • Domicilios, oficinas, comercios e pequenas empresas.
  • Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Vigo, O Porriño, Tui e Ponteareas.
  • Desprazamento e posible custo confirmados antes da visita.

Problemas habituais

Do ordenador lento ao posto completo.

Atendo tanto incidencias concretas como a preparación dun equipo novo. Se unha reparación non compensa, a resposta tamén pode ser deixar de gastar nesa reparación.

01
Rendemento e arranque

Equipos lentos, erros ao iniciar, sobrequecemento, falta de espazo, actualizacións problemáticas ou compoñentes que necesitan revisión.

02
Programas e contas

Instalación, configuración e solución de problemas en sistemas, aplicacións, correo, usuarios, permisos e servizos en liña.

03
Rede e dispositivos

Impresoras, Wi-Fi, cableado, periféricos e equipos que deberían falar entre si pero decidiron levar vidas separadas.

04
Datos e cambio de equipo

Copias, migración a un ordenador novo e recuperación de información cando sexa tecnicamente viable e seguro intentalo.

Como traballo

Diagnosticar, explicar e resolver.

Antes de substituír pezas ou acumular horas, explico que atopei, que opcións hai e cal compensa segundo o valor e o estado do equipo.

  1. 01

    Contar que está pasando

    Recollo síntomas, mensaxes de erro, modelo do equipo e cambios recentes para decidir a primeira comprobación e a modalidade de atención.

  2. 02

    Diagnosticar a causa

    Reviso o sistema, o hardware ou a rede sen cambiar cousas ao azar ata identificar o problema e o risco para os datos.

  3. 03

    Explicar as opcións

    Aclaro reparación, custo aproximado, alternativas e límites antes de mercar compoñentes ou facer cambios importantes.

  4. 04

    Resolver e comprobar

    Aplico a solución acordada, verifico o funcionamento e explico o necesario para que o problema non quede envolto en misterio técnico.

Preguntas frecuentes

Dúbidas razoables antes de empezar.

Desprázaste ao domicilio ou á empresa?

Si. Presto asistencia a domicilio en Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Vigo, O Porriño, Tui, Ponteareas e arredores. Confirmo antes o desprazamento e o posible custo segundo a distancia.

Podes solucionar o problema en remoto?

Moitos problemas de software, configuración e contas poden resolverse en remoto. Se hai que revisar hardware, cableado ou o equipo non inicia, será necesaria atención presencial.

Cobras se o equipo non ten reparación?

O diagnóstico e o desprazamento son traballo aínda que a reparación non compense. Antes de substituír pezas ou dedicar máis tempo explico as opcións para que decidas con información.

Saberei o custo antes de reparar?

Confirmo as tarifas coñecidas e o desprazamento antes da atención. Cando o custo depende do diagnóstico, explico o resultado e pido aprobación antes de mercar pezas ou continuar cun traballo maior.

Que pasa cos meus datos e coa privacidade?

Accedo só ao necesario para diagnosticar ou realizar o traballo acordado. Antes dunha intervención con risco recomendo ou preparo unha copia cando sexa posible, pero ningunha recuperación de datos se pode garantir sen revisar o dispositivo.

Tamén instalas pezas ou preparas equipos novos?

Si. Podo recomendar e instalar ampliacións compatibles, migrar os datos e deixar un equipo novo configurado. O material e as licenzas apróbanse e páganse por separado do traballo técnico.

Contacto

Falamos do teu próximo proxecto?

Tes unha idea, unha web que pide unha reforma ou un ordenador que só funciona cando chega o técnico? Cóntamo. Direiche con claridade que se pode facer, canto sentido ten e cal sería o seguinte paso.

Agora mesmo

Dispoñible para proxectos seleccionados, colaboracións e consultas técnicas.

Resposta habitual
1–2 días laborables
Localización
Salvaterra de Miño, Galicia