En desenvolvemento activo Código aberto Licenza MIT

xvelte

As pezas que sempre acababa creando de novo. Agora viven todas no mesmo caixón.

Unha colección persoal de compoñentes, hooks, attachments, estilos e utilidades para construír interfaces con SvelteKit. Cópianse ao proxecto, adáptanse e pasan a ser túas. Sen pelexar cunha API allea para mover tres píxeles.

Banco de probas

Os compoñentes da páxina tamén son xvelte. Autorreferencia, pero da útil.

En directo
Predeterminado Correcto Coidadiño Importante

Preferencias do proxecto

Unha mostra pequena, non unha aplicación enteira metida nunha tarxeta.

Svelte 5 · Tailwind CSS · TypeScript $lib/ui

Máis ca unha UI kit

Unha caixa de ferramentas, non un expositor.

xvelte naceu para reunir o código reutilizable que fai falta ao construír aplicacións de verdade: desde un botón ata o estado dunha interface, a localización ou unha integración de escritorio.

01

Compoñentes

Primitivas e interfaces compostas para formularios, navegación, datos, multimedia, mensaxería e ferramentas de escritorio.

02

Lóxica reutilizable

Hooks, attachments e utilidades para resolver interaccións e estado sen volver escribir a mesma peza en cada proxecto.

03

Sistema visual

Tokens, temas claro e escuro, estilos globais e iconas semánticas que manteñen unha linguaxe común sen atar o deseño.

04

Aplicacións reais

Localización con Paraglide e integracións para Tauri, ademais da base web habitual con SvelteKit. Non vive só nunha galería bonita.

Un compoñente xa dentro do proxecto
<script lang="ts">  import * as Button from "$lib/components/ui/button";</script>
<Button.Root variant="success">Gardado</Button.Root>
Código normal, editable e sen maxia gardada noutro servidor.

A idea importante

Copiar non é o último recurso. É o modelo.

Non hai un paquete cunha API ríxida, nin un rexistro de compoñentes, nin unha CLI. Escolles unha versión estable, copias só o que necesitas e ese código pasa a formar parte da aplicación.

Podes cambiar estrutura, estilos, dependencias ou comportamento sen esperar por unha opción nova no paquete. A cambio, tamén es responsable do que copias. Liberdade con manual de instrucións, vaia.

Fluxo de traballo

Da colección ao teu proxecto

1

Escolle

Parte dunha release estable e revisa a guía da peza que vas empregar.

2

Copia

Leva ao proxecto o compoñente e as dependencias concretas que necesita.

3

Adapta

Axusta o código á aplicación sen quedar preso dunha API pensada para todo o mundo.

Feito para proxectos, non para unha demo eterna.

A mesma base serve para webs, paneis internos, aplicacións con Electron ou Tauri e interfaces con moita interacción. A web de documentación é o banco de probas; o destino é o software real.

Base

Svelte 5 + SvelteKit

Estilos

Tailwind CSS

Localización

Paraglide

Escritorio

Tauri 2

Linguaxe

TypeScript

Licenza

MIT

Contacto

Falamos do teu próximo proxecto?

Tes unha idea, unha web que pide unha reforma ou un ordenador que só funciona cando chega o técnico? Cóntamo. Direiche con claridade que se pode facer, canto sentido ten e cal sería o seguinte paso.

Agora mesmo

Dispoñible para proxectos seleccionados, colaboracións e consultas técnicas.

Resposta habitual
1–2 días laborables
Localización
Salvaterra de Miño, Galicia