Pantalla principal de VS Launcher cunha instalación de Vintage Story preparada para xogar
Aplicación de escritorio Windows · Linux Proxecto arquivado

VS Launcher

Vintage Story, con varias versións e sen converter cada instalación nunha escavación arqueolóxica.

Un launcher non oficial pensado para instalar o xogo, separar mundos, configuracións e mods, facer copias de seguridade e cambiar de versión sen andar movendo cartafoles a man.

O problema

Un xogo. Moitas maneiras de xogalo.

Vintage Story permite versións, mundos e coleccións de mods moi distintas. O difícil non era abrir o xogo: era manter todo iso separado, saber que instalación usaba cada cousa e non romper unha partida polo camiño.

01
Varias versións, un só lugar

Instalar distintas versións de Vintage Story cun par de clics e actualizalas sen repetir todo o proceso.

Instalacións illadas

Cada perfil conserva os seus mundos, mapas, configuracións e mods sen mesturarse cos demais.

Copias con volta atrás

Copias manuais ou automáticas antes de xogar, con restauración se un mundo ou unha configuración decide non colaborar.

Mods, idiomas e actualizacións

Xestión de mods desde a propia aplicación, interface traducible con i18next e actualización automática do launcher ao arrincar.

O fluxo

Da descarga ao mundo en tres pasos.

  1. 01 / VERSIÓN

    Escolle o xogo

    Descarga a versión de Vintage Story que necesitas ou rexistra unha que xa tes instalada.

  2. 02 / INSTALACIÓN

    Separa os datos

    Crea un perfil cos seus propios mundos, configuración, mapas e colección de mods.

  3. 03 / XOGAR

    Preme e entra

    O launcher prepara a instalación, crea a copia automática se corresponde e abre o xogo.

Pantalla principal de VS Launcher cunha instalación de Vintage Story preparada para xogar

Por baixo

Unha aplicación de escritorio completa.

A interface estaba construída con Electron, React e TypeScript. Detrás había descargas, compresión e extracción de arquivos, operacións co sistema de ficheiros, control de versións semánticas, actualización automática e internacionalización.

Electron React TypeScript Tailwind CSS i18next electron-vite
Tipo
Aplicación de escritorio
Licenza
MIT
Plataformas
Windows e Linux
Estado
Arquivado

Contacto

Falamos do teu próximo proxecto?

Tes unha idea, unha web que pide unha reforma ou un ordenador que só funciona cando chega o técnico? Cóntamo. Direiche con claridade que se pode facer, canto sentido ten e cal sería o seguinte paso.

Agora mesmo

Dispoñible para proxectos seleccionados, colaboracións e consultas técnicas.

Resposta habitual
1–2 días laborables
Localización
Salvaterra de Miño, Galicia