En mantemento activo Código aberto Licenza MIT

VSDS

Un servidor de Vintage Story. Un comando. Cero rituais estraños.

Vintage Story Dockerized Server empaqueta o servidor, as súas dependencias e a lóxica de arranque en imaxes versionadas. Ti escolles a versión, o porto e onde gardar os datos. Docker encárgase do resto.

Despregamento en Linux
docker run -dit --name <container_name> \
  -e UID=$(id -u) -e GID=$(id -g) \
  -p <server_port>:42420 \
  -v <data_folder>:/data \
  --restart unless-stopped \
  --sig-proxy=false \
  xurxomf/vsds:<server_version>
Nome · usuario · porto · datos · versión. Nada agochado baixo a alfombra.
Imaxe
xurxomf/vsds
Compatibilidade
Desde 1.19
Etiquetas
latest · stable · rc
Datos persistentes
/data

A idea

O servidor é substituíble. O teu mundo, non.

VSDS separa a aplicación dos datos persistentes. O contedor pode actualizarse, eliminarse ou reconstruírse; mundos, xogadores, configuracións, mods e rexistros permanecen no cartafol que montaches como /data.

01 / ORIXE

Docker Hub

Imaxes preparadas e etiquetadas para cada versión compatible do servidor.

02 / EXECUCIÓN

Contedor VSDS

Servidor, dependencias, usuario sen privilexios e script de arranque nun ambiente reproducible.

03 / PERSISTENCIA

O teu /data

Mundos, configuración, xogadores, mods e logs fóra do ciclo de vida do contedor.

Todo o importante queda á vista

O volume persistente é un cartafol normal. Podes editar `serversettings.json`, engadir mods en `Mods`, revisar `Logs` ou facer a túa propia copia sen entrar nunha caixa negra.

/data

  • ├── Mods/
  • ├── Saves/
  • ├── Logs/
  • ├── Playerdata/
  • └── serversettings.json
Personalización sen recompilar

Detés o servidor, cambias configuracións, roles ou mods no volume e volves arrincar. O clásico, pero ordenado.

Consola e rexistros

Podes seguir a saída, revisar os ficheiros de log e conectarte á consola do servidor para executar comandos en directo.

Actualizar sen drama

Contedor novo, mesmos datos.

  1. 01

    Deter e retirar

    Paras o contedor anterior e elimínalo. O volume non se toca.

  2. 02

    Cambiar a etiqueta

    Escolles unha versión concreta ou usas `stable`, `rc` ou `latest`.

  3. 03

    Volver arrincar

    Creas o contedor coa mesma ruta de datos e o servidor continúa onde estaba.

Un detalle que importa

Non corre como root. E iso é boa noticia.

En Linux, o contedor adapta o UID e o GID do usuario interno aos do usuario local. Así pode ler e escribir no volume sen executarse con privilexios de root e sen deixarche un cartafol cheo de ficheiros que logo non podes tocar.

# o servidor sabe quen es

UID=$(id -u)

GID=$(id -g)

# root pode quedar fóra disto

Contacto

Falamos do teu próximo proxecto?

Tes unha idea, unha web que pide unha reforma ou un ordenador que só funciona cando chega o técnico? Cóntamo. Direiche con claridade que se pode facer, canto sentido ten e cal sería o seguinte paso.

Agora mesmo

Dispoñible para proxectos seleccionados, colaboracións e consultas técnicas.

Resposta habitual
1–2 días laborables
Localización
Salvaterra de Miño, Galicia