Reescritura actual Bot de Discord Uso privado

Modereta

Un bot que mira os drops para que ti non teñas que vivir mirando o chat.

Modereta é un bot privado que se integra con Sofi en Discord: lembra os favoritos, entende que cartas apareceron e avisa a quen lle interesa. Sen spam xeral nin follas de cálculo clandestinas.

Modereta

Unha mostra do fluxo, non unha captura do bot.

En liña

Drop de Sofi detectado

3 cartas
Personaxe · Serie favorita Coincide
Personaxe · Outra serie Gardada
Outro personaxe · Serie Sen favoritos

Aviso preparado

Só se mencionará a quen gardou esta serie ou personaxe.

Discord · Sofi · Favoritos message-rule

Unha lista, un drop, un aviso

A automatización sucede no medio.

A persoa só escolle os seus favoritos. Modereta encárgase de ler as mensaxes de Sofi, normalizar os nomes, cruzar os datos e avisar cando toca. O traballo invisible é precisamente a graza.

01

Garda o que buscas

Cada persoa pode manter unha lista de series e personaxes favoritos mediante comandos con autocompletado.

02

Modereta observa a Sofi

Unha regra pasiva detecta os drops doutro bot, interpreta as cartas e garda series, personaxes e contexto.

03

Avisa cando hai coincidencia

Se aparece algo gardado como favorito, agrupa as coincidencias e menciona só as persoas interesadas.

A reescritura

O mesmo nome. Unha base que xa non mete medo tocar.

A Modereta actual non é un parche sobre a anterior. Reorganiza o proxecto arredor de comandos, regras, servizos e datos independentes para poder engadir utilidades sen repetir o incendio.

01

Comandos modulares

Os comandos slash e os menús contextuais cárganse, valídanse e sincronízanse con Discord desde un xestor común.

02

Regras para mensaxes

Os comportamentos que reaccionan a outros bots viven separados dos comandos. Así Modereta pode escoitar sen converter o ficheiro principal nunha pota.

03

Datos con memoria

PostgreSQL e Drizzle gardan drops, series, personaxes e favoritos con migracións reproducibles e consultas tipadas.

04

Preparada para despregar

Docker Compose reúne o bot e a base de datos; a integración continua comproba formato, lint, tipos e probas antes de dar nada por bo.

Non só funciona no meu portátil

Desenvolver, comprobar, despregar.

A nova base inclúe contedores para o bot e PostgreSQL, migracións de datos, sincronización de comandos e unha batería de comprobacións automática. Porque «a min arrancoume» é información, non unha estratexia de produción.

  • Bun e TypeScript estrito
  • discord.js para comandos e eventos
  • PostgreSQL con Drizzle ORM
  • Docker Compose e migracións
  • Probas con bun:test
  • CI con GitHub Actions

Contacto

Falamos do teu próximo proxecto?

Tes unha idea, unha web que pide unha reforma ou un ordenador que só funciona cando chega o técnico? Cóntamo. Direiche con claridade que se pode facer, canto sentido ten e cal sería o seguinte paso.

Agora mesmo

Dispoñible para proxectos seleccionados, colaboracións e consultas técnicas.

Resposta habitual
1–2 días laborables
Localización
Salvaterra de Miño, Galicia