Proxecto arquivado Mod de Vintage Story Xeración de mundo

Vintage Story

Underground Mines

Minas enormes baixo os teus pés. Ás veces, enormes de máis.

Un mod de xeración procedural que enchía o subsolo de Vintage Story con galerías conectadas, minerais, botín e criaturas. Entrar era a parte doada.

Un mundo baixo o mundo

Non colocaba unha mina. Facíaa medrar.

O mod combinaba pezas preparadas con regras de xeración para construír redes distintas en cada mundo. As galerías continuaban por novos chunks e podían alcanzar unha escala bastante pouco razoable.

01

Unha entrada dá a pista

As minas podían anunciarse na superficie ou aparecer conectadas a covas. Tamén podías atopalas pola vía tradicional: picando cara abaixo e tendo fe.

02

As pezas conectan

Corredores, cruces, xiros e pozos combinábanse de forma procedural para estender a estrutura sen depender dun mapa pechado.

03

O percorrido ten sorpresas

Salas especiais repartían recursos, botín e encontros hostís para que explorar a rede fose algo máis ca seguir túneles baleiros.

Vista afastada dun mundo de Vintage Story que deixa ver unha enorme rede de minas xerada baixo o terreo
Ao retirar o terreo vese o truco completo: unha rede que atravesa montañas, lagos e vales sen pedir permiso.

Integrada no terreo

A mina tiña que parecer parte do mundo.

A xeración non se limitaba a pegar estruturas. Lía o contexto do terreo para adaptar materiais, recursos e perigos ao lugar no que aparecía.

  • Os bloques da mina adaptábanse ao tipo de rocha da zona para non parecer importados doutro mundo.
  • Os minerais respectaban os que podían existir nesa rocha, mantendo a lóxica de prospección do xogo.
  • Drifters, locusts e outros encontros podían ocupar as galerías e as salas especiais.
  • A profundidade, as entradas, os minerais adicionais e outros elementos podían axustarse desde a configuración.

Por baixo do subsolo

Xeración procedural con memoria.

O reto non era debuxar un túnel bonito. Era conseguir que moitas pezas se conectasen entre chunks, sobrevivisen aos gardados e non rompesen a coherencia do mundo.

01

C# e API de Vintage Story

A lóxica do mod integrábase no proceso de xeración do xogo para decidir onde, cando e como crear cada tramo.

02

Esquemas en JSON

Entradas, cruces, pozos, finais e variantes de mina funcionaban como pezas reutilizables para compoñer cada rede.

03

Estado persistente

Os datos gardados permitían continuar estruturas entre chunks e conservar as decisións da xeración ao volver cargar o mundo.

04

Lóxica de servidor

A xeración executábase no servidor, polo que os mundos multixogador podían incorporar as minas sen instalar unha interface no cliente.

Dentro e por fóra

A escala cambia segundo onde mires.

Desde dentro era unha mina abandonada. Desde fóra, unha lea de galerías decidida a ocupar medio mapa.

Interior escuro dunha gran sala de mina xerada por Underground Mines en Vintage Story
Vista aérea dun mundo de Vintage Story coa extensa rede subterránea de Underground Mines visible

Contacto

Falamos do teu próximo proxecto?

Tes unha idea, unha web que pide unha reforma ou un ordenador que só funciona cando chega o técnico? Cóntamo. Direiche con claridade que se pode facer, canto sentido ten e cal sería o seguinte paso.

Agora mesmo

Dispoñible para proxectos seleccionados, colaboracións e consultas técnicas.

Resposta habitual
1–2 días laborables
Localización
Salvaterra de Miño, Galicia