Servizo Bot Dispoñible

Bots e automatizacións

Automatizo tarefas repetitivas e creo bots que responden, moderan, notifican ou coordinan procesos sen ter unha persoa facendo de ponte todo o día.

Bots de Discord e Telegram, scripts, integracións con APIs e procesos automáticos para empresas, equipos e comunidades. Desenvolvemento desde Galicia e en remoto.

Dous tipos de solución

Interactuar cunha comunidade ou mover un proceso.

Un bot responde a persoas e eventos dentro dunha plataforma. Unha automatización traballa entre sistemas ou executa unha tarefa cando se cumpre unha condición. Ás veces ambas cousas forman parte do mesmo proxecto.

01 / Bot

Bots con comportamento propio

Para comunidades e equipos que necesitan comandos, avisos, moderación, consultas ou fluxos interactivos dentro de Discord ou Telegram.

  • Comandos, menús, eventos e respostas adaptadas ao contexto.
  • Permisos, roles, datos persistentes e regras da comunidade.
  • Integración con APIs, paneis ou servizos externos.

02 / Proceso

Automatizacións entre ferramentas

Para recoller, transformar ou enviar información sen repetir manualmente os mesmos pasos entre aplicacións, ficheiros e servizos.

  • Tarefas programadas ou activadas por eventos.
  • Sincronización, transformación e validación de datos.
  • Avisos só cando unha persoa necesita revisar ou decidir.

Sen vixiar a pantalla

Automático, pero non invisible.

Un proceso útil debe deixar claro que fixo, detectar cando non puido continuar e permitir recuperar o control. Executar un script e confiar no destino non conta como observabilidade.

01
Regras e permisos

Defino quen pode iniciar cada acción, que condicións se deben cumprir e que datos pode consultar ou modificar o sistema.

02
Rexistro do que ocorreu

Actividade, cambios e resultados quedan rexistrados para poder revisar un problema sen reconstruír a historia a partir de capturas soltas.

03
Erros e recuperación

Reintentos, avisos, límites e controis manuais evitan que un fallo puntual deixe datos a medias ou se repita en bucle con entusiasmo.

04
Despregamento e supervisión

Preparo a execución, os segredos, as actualizacións e a supervisión para que o proceso siga funcionando fóra do meu ordenador.

Como traballo

Da tarefa repetida ao proceso controlado.

Antes de automatizar, comprobo que a tarefa sexa estable e que o aforro compense a construción e o mantemento da solución.

  1. 01

    Observar a tarefa

    Documento entradas, pasos, decisións, frecuencia e tempo actual para saber que se pode automatizar de verdade.

  2. 02

    Definir regras e excepcións

    Acordamos permisos, casos límite e que debe ocorrer cando faltan datos ou un servizo externo non responde.

  3. 03

    Construír e probar

    Desenvolvo o fluxo con datos e contornas controladas antes de permitir que actúe sobre procesos reais.

  4. 04

    Despregar e supervisar

    Configuro execución, rexistros, avisos e documentación para manter o proceso controlado despois da posta en marcha.

Traballo real

Bots, scripts e sistemas que fan o traballo repetible.

Modereta xestiona unha comunidade, VSDS automatiza un servidor despregable e Gallaecia Dots converte unha configuración completa nun proceso reproducible.

Portada de VSDS cos logos de Vintage Story e Docker conectados sobre un fondo escuro
01
VSDS

Imaxes Docker para despregar e manter servidores de Vintage Story con datos persistentes, versións etiquetadas e un único comando.

Escritorio de Gallaecia Dots co tema claro
02
Gallaecia Dots

Dotfiles e un instalador interactivo en galego para preparar Arch Linux como escritorio con Hyprland e Noctalia ou como servidor administrado por terminal.

Portada de Modereta cun X marmoreado, cartas, favoritos e notificacións en cores neón
03
Modereta

Bot privado de Discord que detecta drops de Sofi, xestiona series e personaxes favoritos e avisa automaticamente cando aparece unha coincidencia.

Preguntas frecuentes

Dúbidas razoables antes de empezar.

Podes facer un bot de Discord privado?

Si. Pode estar limitado a un servidor, empregar comandos, menús, eventos, permisos e unha base de datos segundo o que necesite a comunidade ou o equipo.

Unha automatización pode romper se cambia unha API?

Pode ocorrer. Por iso preparo rexistros, avisos e tratamento de erros, e explico que mantemento convén cando dependemos de servizos externos que poden cambiar.

Pódese automatizar calquera tarefa?

Non sempre compensa. A tarefa debe ser suficientemente repetitiva e estable. Se automatizala custa máis que o tempo que aforra, a resposta honesta é non facelo.

Onde se executa o bot ou a automatización?

Pode executarse nun servidor, nun servizo cloud ou nun equipo da empresa, segundo a dispoñibilidade, os datos e as integracións necesarias. O aloxamento e os custos externos quedan definidos por separado.

Podes manter ou mellorar un bot que xa existe?

Si, despois de revisar o código, as dependencias, o despregamento e o estado dos datos. Se resulta máis seguro corrixir por fases ou reescribir unha parte, explícase antes de tocar produción.

Pode incluír intelixencia artificial?

Pode, cando aporta valor nunha tarefa que admite resultados probabilísticos e existe unha revisión axeitada. Para regras exactas ou datos sensibles, unha automatización tradicional adoita ser máis previsible e máis barata.

Contacto

Falamos do teu próximo proxecto?

Tes unha idea, unha web que pide unha reforma ou un ordenador que só funciona cando chega o técnico? Cóntamo. Direiche con claridade que se pode facer, canto sentido ten e cal sería o seguinte paso.

Agora mesmo

Dispoñible para proxectos seleccionados, colaboracións e consultas técnicas.

Resposta habitual
1–2 días laborables
Localización
Salvaterra de Miño, Galicia